mércores, 18 de marzo de 2020

Ola amoriños!!!

Que tal levades estar metidiños/as na casa? Espero que con esa alegría que tedes todos/as vos sexa máis fácil.

Vóuvos deixar actividades que facer e así estar un pouco máis entretidos/as.

* Déixovos un enlace para ver o conto de "Voy a comedte", para rir un pouquiño.
https://youtu.be/zwpx6wdzDkw

* Tamén imos a escribir un pouquiño, que vos parece se escribimos o nome de dous compañeiros/as de clase. Primeiro  intentámolo nos soíños, ( xa sabedes mamis e papis como eles/as saiban, nos podemos axudarlles marcándolle ven cada son), e despois mami ou papi poden escribirnos o nome dos nosos compañeiros/as de mesa e nos copialos en maiúscula.

* Na seguinte actividade imos usar a tesoira, cortamos tiras de papel (periódico, propaganda, revistas,...) e podémolas pegar como se fose o pelo no debuxo da cabeza dunha persoa, ou os raios dun sol, o pelo dun unicornio, para facer una guirnalda,... o que vos queirades.
Papis e mamis estade pendentes de indicarlles cal é a maneira correcta de coller a tesoira.

* Tamén vos deixo una ficha para practicar a grafía dos números
 
 
 

* Xogade a oca, o parchís, dómino, cinquillo,...estes xogos sempre son divertidos e axundannos a pensar.


O venres volvo a poñer máis cousiñas. Se tedes alguna duda este é o meu correo: laurafm26@gmail.com










 

Ningún comentario:

Publicar un comentario