xoves, 19 de marzo de 2020

6º ED. PRIMARIA LINGUA GALEGA

Imos aló rapaces.
Tede en conta as normas que vos escribín para Lengua Castellana.
Coidádevos.



O GRAN LENZO URBANO DE CARBALLO
 Cinco artistas de traxectoria internacional participan en «Rexenera Fest» pintando en edificios grandes murais de ata vinte metros de altura. San Francisco, Miami, Oslo, Aalborg, Perth, Rabat... e agora Carballo. A capital da comarca de Bergantiños sumouse ao selecto grupo de cidades de todo o mundo que poden presumir de abrir as paredes das súas rúas á creación convertendo os muros en lenzos para artistas de prestixio internacional como Aryz, Dulk, Pixel Pancho, Bordalo II e Nömada. Os cinco dedícanse estes días a converter outros tantos espazos en auténticas —e xigantescas— obras de arte. O contido social da mensaxe, a calidade e a orixinalidade na execución e a súa traxectoria anterior foron os criterios empregados polos organizadores do Festival Internacional de Arte Pública Rexenera Fest —o Concello de Carballo e o colectivo Mutante Creativo— para seleccionar os cinco invitados que desde o luns manexan guindastres, rodetes e brochas baixo as miradas de curiosidade, sorpresa e admiración dos veciños. A colorida natureza de aparencia infantil pero transfondo crítico do valenciano Dulk e os rostros e siluetas cheos de forza do barcelonés Aryz foron as primeiras imaxes en comezar a cobrar forma, pero rapidamente se lles sumou un xigantesco retrato feminino do compostelán Nömada.

1 Por que en Carballo hai artistas pintando murais nos edificios?
2 É a primeira cidade na que se fixo?
3 De que comarca forma parte Carballo?
 4 Que criterios de selección se empregaron para escoller os artistas?
5 Cantos murais se van realizar?
6 Escribe o nome dos tres artistas que comezaron en primeiro lugar a pintar murais.
7 Que tres elementos empregan para a creación das súas obras?
8 Busca a palabra guindastre e anota o seu significado.


Escribe as siglas que correspondan:
Educación Secundaria Obrigatoria:
Real Academia Galega:
Documento Nacional de Identidade :


 Agora, completa coas abreviaturas correctas:
teléfono:
centímetro:
doutora:

Completa as seguintes palabras con b + consoante:
Su    irector
A    ome
O   ervar
Su    ítulo
A   urdo

Subliña os verbos (en forma persoal) que atopes neste texto. Escribe o tempo verbal.

Meu pai conta que lle gustaba xogar ás chapas no recreo. Miña nai di que ela ten xogado moito á estornela e ao aro. Logo, eles ensináronme a min. De maior, xogarei eu cos meus fillos.

 • Hai no texto algunha forma non persoal?

Ningún comentario:

Publicar un comentario