mércores, 1 de abril de 2020

6º Ed. PRIMARIA FICHA LINGUA GALEGA


 Asocia as seguintes palabras coa súa definición:
manancial – onda – burbulla – remuíño – fervenza
 …: Caída de auga desde certa altura provocada por un desnivel na canle dun río.
…: Movemento xiratorio rápido dunha masa de auga.
…: Elevacións que o vento produce na superficie do mar, dun río ou dun lago. …: Lugar onde abrolla auga de maneira natural.
…: Glóbulo de aire ou gas que se forma no interior dun líquido e sae á superficie.




Relaciona as palabras anteriores cun sinónimo:
Fonte, rodopío,  gurgulla,  salto, vaga



Emparella cada acurtamento coa palabra que lle corresponde:
A.-tele, cole, cine. repe
B.-cinematógrafo, televisión, repetido, colexio.

A.- mates, boli, bici, insti
B.- bolígrafo, instituto, matemáticas, bicicleta


Algúns nomes de persoa teñen unha variante familiar.
Relaciona:
A.- María, Francisco, Henrique, Ramón, Xesús, Xosé
B.- Suso, Maruxa, Pepe, Moncho, Paco, Quique

Ningún comentario:

Publicar un comentario