«The Guardian» elixe a praia de Rodas, nas
Cíes, como a mellor do mundo A praia de Rodas (nas illas Cíes) pertence aos
areais do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Ademais de valorar a súa
tranquilidade e a transparencia das súas augas, o rotativo británico non se
esquece do marisco e da zona de acampada. «Unha media lúa perfecta de area
suave, pálida, acompañada de pequenas dunas que abrigan unha lagoa tranquila de
mar cristalino». Así define a praia de Rodas nas illas Cíes o xornal The
Guardian nun artigo sobre as dez mellores praias do mundo no que o areal galego
ocupa o primeiro posto. No top 10 das mellores praias do mundo, The Guardian
tamén inclúe areais de Colombia, Brasil, Filipinas, Tanzania, India, Australia,
Reino Unido ou Escocia. Porén, ningunha supera a praia de Rodas, que ocupa a
primeira posición da lista por méritos propios.
SEGUNDO O TEXTO, RESPOSTA:
Onde está a praia da que fala esta noticia?
Di o artigo que esa illa «ocupa a primeira
posición da lista». A que lista se refire?
Menciona dous deses «méritos» que lle
permitiron á praia de Rodas estar no primeiro lugar.
Que é The Guardian?
Rodea os sinónimos de rotativo:
Roda, xornal, circular, periódico, diario, subscritor
Busca no texto e escribe tres palabras que se
refiran a lugares onde hai moita area.
ESCRIBE EN GALEGO
LEMBRA QUE NON SE ESCIBEN TEMPOS COMPOSTOS, NI
Y NIN J.
UN PRONOME PERSOAL ÁTONO NUNCA PODE ENCABEZAR
UN TEXTO
El fuego ha llegado muy cerca de aquellas
casas, en el monte.
Nos llamaron a la ocho de la mañana para
decirnos que fuéramos urgentemente al parque
Con aquel paisaje de fondo, rodaron la película
que vimos en el cine, con mi primo.
USANDO CALQUERA FERRAMENTA, ESCRIBE
Pretérito pluscuamperfecto indicativo verbo
durmir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario