xoves, 16 de abril de 2020

Ciencias Naturais 6º Primaria Xoves 16 abril


 Leede a lección, antes de nada.

Agora explico curiosidades sobre a densidade na auga e nos estados que a atopamos. A importancia de que a auga en estado sólida, xeo, teña menor densidade que en estado líquido.
Tamén relacionado coa auga salgada, posto que ten maior densidade que a auga doce.






Namentres a masa é a cantidade de materia que ten un corpo e podemos medir o peso dun corpo, ocorre que se fósemos a outro planeta, ou á lúa, teríamos a mesma materia, pero o noso peso variaría, pois a forza de gravidade é diferente.

Vexamos neste enlace canto pesaríamos noutros planetas do sistema solar e como actividade :
Que é a forza de gravidade?


O noso peso no sistema solar 


Vexamos agora como podemos facer para medir o peso dun líquido e o volume dun sólido:





Agora xoguemos coa densidade. Recordade que a materia que ten menor densidade ao mesturarse con outra materia de maior densidade, vai cara arriba. No seguinte experimento que podedes facer na casa, combino diferentes sustancias onde podemos atopar diferentes capas.




Mañá teremos nova clase de ciencias naturais. Recordade facer para casa a actividade:

Que é a forza da gravidade?




Ningún comentario:

Publicar un comentario