OLA AMORIÑOS!!
Hoxe é 23 de abril, e celébrase o DÍA DO LIBRO, co que se
busca fomentar a lectura e recordar a
importancia dos libros e dos contos, xa que nos fan estar entretidos,
activan a nosa imaxinación, libera as nosas emocións, aumenta a nosa curiosidade
e coñecemento,…
Así que para celebrar este día pásome por aquí a contarvos un
contiño, espero que vos guste moito.
Como vos digo no conto, para a próxima semana podédesme mandar
cousiñas sobre o voso conto favorito: unha lectura pequena, un debuxo,
interpretar un trociño do conto, contar porque é o voso conto favorito, facer
unha manulidade sobre el,… ou calquera cousa que se vos ocurra.
Aquí vos deixo algunha ficha relacionada co conto
Espero que vos gustara o conto, disfrutade moito do día do libro, e non deixedes de leer, xa que "a lectura é para a mente o que o exercicio para o corpo" (Joseph Addison)
ADRIÁN A. E CANDELA
O noso compañeiro Adrián mandounos un video do labirinto tan chulo que fixo para xogar cunha boliña, mirade que ben o fai. Está xenial Adri!!!
E Candela mandounos unhas fotos das fichas que está facendo. Moi ben Candela, es unha campeona!!
E tamén nos manda un vídeo facendo música, está feita toda unha artista, un súper aplauso lle mando dende aquí!!
Como sempre vos deixo aquí o meu correo para o que precisedes laurafm26@gmail.com



Ningún comentario:
Publicar un comentario