venres, 3 de abril de 2020

Sociais 5º de Primaria Venres 3 de abril

Moi boas, alumnit@s.
Antes de nada, correximos a actividade que tíñamos para hoxe.

Fixádevos en dúas cousas nos datos que presentades: non hai mulleres que exerceran tal cargo e se vos fixades ben, ningún alcalde da nosa cidade repetiu mandato. Este último feito non é frecuente de atopar en cidades de España.



---------------------------------------------------------------------------------------------------






Nas vacacións, leede esta parte do tema referente á organización política de España e Galicia.


Para comezar, vexamos que é unha constitución. A nosa foi aprobada en 1978, antes non había pois desde 1939 houbo unha ditadura, é dicir, onde unha persoa exerce todo o poder sobre o estado.

Na nosa constitución establécese que o poder o teñen o conxunto dos cidadáns e que será xestionado polos representantes políticos que nós elixamos. É dicir, a nosa constitución define España coma un Estado democrático.







E agora, moi atentos á explicación:







Agora segunda parte da explicación en torno a como é o sistema de votos:



Como actividade, rapaces e rapazas, quero que busquedes quenes foron os presidentes autonómicos galegos durante a democracia, poñendo tamén o partido político ao que pertenceron e os anos de goberno.
Tamén quero que me busquedes o mesmo, pero do goberno de España. É dicir, cales foron os presidentes de España e os tempos e partidos no que gobernaron.

Apertas alumnit@s!!

















Ningún comentario:

Publicar un comentario