venres, 15 de maio de 2020

5 Anos

Ed.inf.5 anos
BO DÍA CHIQUIS!!

Venres 15 de maio, a dous días da celebración do día das letras galegas, espero con impaciencia os vosos debuxos sobre o conto das pitas baixo a choiva, ou algún escrito de palabras galegas que vos gusten, un poema con debuxo, un debuxo ou collage de Carvalho calero, algo de Rosalia de Castro...o que se vos ocurra para encher o noso blog e o noso faceboock de letras galegas.

Cando estamos na aula nesta época do ano aproveitamos esta festa para descubrir máis cousas do pais onde vivimos, miramos os mapas ou bolas  do mundo, buscamos España e logo Galiza e nos situamos no grande mundo no que vivimos.Esta é a primeira actividade que vos propoño, atopar galiza nos mapas e ver as distancias que hai entre Galiza e por exemplo Marrocos de onde é a familia de Marwa, rayan, Sara...ou a distancia á parte sur de America de onde é a familia de Samir, Eric...
Tamen podedes buscar onde está Ferrol é moi divertido é nos axuda a entender a cantidade de idiomas e culturas que hai no mundo!!
Hoxe vouvos deixar algunhas fichas para traballar  a atención
Unhas son máis doadas que outras non tanto, intentádeas facer con moita concentración!!
Aquí tedes o enlace para poder leer este conto tan chulo de Carvalho Calero As pitas baixo a choiva


https://issuu.com/bucle/docs/as_pitas


Ahora imos atender a estas pitas a ver se atopades as diferencias?
E....seredes capaces de levar á galiña co seu pitiño perdido
E aquí están as galiñas en percura de miñocas para comer....coloreade só as que van para a vosa man dereita.Tamén podedes recordar a nosa canción. Lavanto mi mano derecha la estiro.......


Para rematar deixovos a canción  das pitas, bailade e sede felices



Mil bicos para todos vós, paseade moito ao aire libre esta fin de semana coa familia, sede boiños/as e sede moi felices! Vémonos o luns!!
elena.ramosbreijo@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario