venres, 8 de maio de 2020

5º ED. PRIMARIA LINGUA GALEGA


ALGUNHAS PALABRAS DO TEATRO:
Palco, pano, anfiteatro, lanterna, cuncha, acomodador, entrada, escenario, patio de butacas, saída de emerxencia, despacho, cola

Completa estas oracións con algunhas das palabras anteriores:
– O …        guioume ao meu asento, iluminándome coa … .
– Había unha …         moi longa para sacar as …          diante do … .
– Por seguridade, hai varias …       no teatro; a dos actores está a carón do … .
– O apuntador dos actores agóchase na … .
– Acabou a obra, caeu o …          e o público aplaudiu entusiasmado.


Relaciona as palabras do recadro coa definición que corresponda:
Decorado, palco, anfiteatro, tremoia, patio de butacas
... : Asentos que están na parte baixa dos teatros; platea.
... : Piso alto con asentos en gradaría.
... : Conxunto de elementos cos que se ambienta o lugar da acción.
... : Espazo con varios asentos en forma de balcón.
... : Mecanismo destinado a producir certos efectos especiais.

Asocia cada palabra específica do teatro coa súa definición:
Debut, entreacto, camerino, bambolina
 ...: Tira de lenzo pintado que colga da parte superior do escenario.
...: Intervalo que separa un acto doutro na representación dunha obra teatral. ...: Estrea; primeira obra con que se presenta ao público un actor, un director ou unha compañía.
 ...: Cuarto onde os actores se visten e maquillan antes de actuar.





Relaciona cada tecnicismo cun oficio:
Eslora
Vernizar
Vacina
Cornamusa
Taboado
Sazonar


Ningún comentario:

Publicar un comentario