Portada feita pola avoa da nosa compañeiro Olga
Barreira
Encarna Martínez García
De parte dos rapaces de 6º Ed. Primaria, moitas
GRAZAS
COMPOSICIÓN FEITA POLO CURSO DE 6º ED. PRIMARIA
CON MOTIVO DAS LETRAS GALEGAS 2020.
O TRABALLO CONCLUÍUSE ANTES DE SER DECRETADA A
ALERTA SANITARIA.
Por que o 17 de maio se decretou o Dia das
Letras Galegas?
En que ano e a quen se lle dedicou o primeiro
Día das Letras Galegas?
Investiga a que persoeiros galegos se lles
dedicou o Día:
No ano 1970
No ano 1980
No ano 1990
No ano 2000
No ano 2010
Dalgún dos autores anteriores, copia catro ou
cinco liñas dalgún dos seus estudos ou obras.
“Lembro que o Ferrol dos meus anos infantís era
un Ferrol povoado de ingleses. Havía muitos ingleses, porque a sociedade
Española de Construzón Naval necesitava técnicos ingleses que ensinasen aos
obreiros e aos enxeñeiros españois a técnica das construzóns navais... ”
Con que país estivo moi vencellada a cidade de
Ferrol?
A que se debe ese vencello segundo Carvalho
Calero?
“... e como non havía instituto xeral e técnico
... en Ferrol, tiña que trasladar-me á Coruña. Entón collia o tren, acompañado
do meu pai, e ia aprendendo de memoria, por distraerme, os nomes das estazóns
de ferrocarril: Ferrol, Neda, Perlio, Barallobre, Franza, Cabanas, Pontedeume,
Perbes, Miño, Paderne, Betanzos... Chegávamos a Betanzos-norte e logo tíñamos
que retroceder un pouco para tomar a direczón da Coruña.”
Por que tiña que marchar Carbalho a´Coruña?
Que medio utilizaba?
Que aprendía de memoria na viaxe?
En que puntos do traxecto atravesa o mar ? (investiga)
Relaciona o xentilicio co seu topónimo (todos
están relacionados coa comarca onde naceu Carvalho Calero).
A Aresán
B Cabanesa
C Capelao
D Cariñesa
E Cedeirés
F Cerdidesa
G Fenesa
H Ferrolá
I Naronés
L Mugardés
M Nedesa
N Ortigueirés
Ñ Eumesa
Ortigueira, Cedeira, Ferrol , A Capela, Mugardos, Ares, Pontedeume, Neda, Cariño, Narón, Cerdido, Fene, Cabanas
Relaciona o substantivo individual co seu
colectivo
A Peixe
B Abella
C Paxaro
D Ovella
Enxame, Rabaño, Banco, Bandada
A cidade onde se examinaba de bacharelato:……………………
“Lembro mui ben, que cando por primeira vez fun
á Coruña, para examinarme de bacharelato suprendeu-me muito non atopar
ingleses”.
A cidade na que está a universidade na que foi
catedrático :……………….
“No ano 1965 “re-gañou” as oposicións a
profesor de instituto e... ocupou interinamente a primeira praza docente de
Lingüística e Literatura Galegas da Universidade de Santiago de Compostela, da
que obtivo a cátedra en 1972”
En
Santiago, onde se atopa depositada a súa biblioteca persoal?
A cidade onde impartíu aulas:……………………
1950–1965. “ Felices días de Fingoy” “Don
Ricardo foi nomeado en 1951 “ consejero-delegado del Patronato” con función de
director e profesor do colexio Fingoy en Lugo “
Ningún comentario:
Publicar un comentario