luns, 18 de maio de 2020

6º ED. PRIMARIA LINGUA GALEGA


Relaciona as definicións coas  palabras :
Batracio, andazo, preguiza, avaricia, pertenza, sentenza.
a) Anfibio; en particular, a ra e o sapo.
b) Enfermidade que se propaga ou estende entre moitas persoas.
c) Falta de vontade para realizar calquera acción; vagancia.
d) Ansia de acumular e atesourar diñeiro e riquezas.
e) Cousa que alguén posúe.
f) Decisión final dun xuíz; tamén, a ensinanza dunha fábula.


Ditado
A auga do manancial era un ben moi prezado para os Wakati. Había a crenza de que era beneficiosa para a saúde, pois sandaba moitas doenzas. Ademais, o seu frescor facíaa deliciosa e ao seu redor crecían flores de recendente fragancia. Pero a ledicia marchara coa aparición da nube de fume. Aquilo só podía anunciar algunha desgraza.


Relaciona cada oración co atributo que lle corresponda:
A miña familia é ...                                    de vacacións
O prado está ...                                         moi modernas
Os científicos parecen ...                          verde
A pediatra está ...                                     cansos
As bibliotecas de hoxe en día son...         moi grande








Subliña o verbo nas seguintes oracións:
– A veterinaria está de vacacións.
– Paulo pensou moito no tema.
– Estes ordenadores son moi modernos.
– A súa amiga ten unha casa xunto á praia.
– O profesor parece esgotado.
– Ela ten 12 anos.

Agora, escribe ao lado de cada oración PN (predicado nominal) ou PV (predicado verbal), segundo corresponda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario