A ÚLTIMA ESTACIÓN
O tren vai deserto adiante. Axiña comeza a suar
e aminora. Chega a un oasis. Detense. Os nenos baixan, beben e refréscanse.
Logo, Xío bótalle auga á locomotora, e leva o tren á sombra. Descansan algún
tempo. Soben ao tren. Asubío. Inicia a marcha e pronto corre a toda máquina.
Vai costa arriba, costa abaixo, dando curvas, en zigzag. Os nenos semellan moi
cansos e axiña fican durmidos. O tren vai perdendo velocidade. Bocexa. Está a
piques de durmir tamén.
Tana: (Esperta). Eiiiii! Perdemos velocidade! O
tren está adurmiñando! O neno esperta tamén. Remexe nos mandos e o tren volve
coller velocidade. Van agora por lugares tranquilos e solitarios. Todo se vira
branco.
Xío: Olla! Canta neve!
Tana: Oh! É coma un paraíso branco!
Xío: Estamos no polo Sur. Aquí a vía dá a
volta. Retornaremos!
Chega un fato de pingüíns. Alégranse ao velos e
saúdanos.
Un pingüín: Alto. Esta é unha parada
obrigatoria, señores viaxeiros. O neno detén o convoi. Os pingüíns están moi
ledos. Un faille un aceno.
Xío: Que desexa, señor Pingüín?
Un pingüín: Brincar, amigos. Todo aquel que
aquí chegue deberá xogar connosco. É a obriga.
Tana: Oh! Será un pracer, amigos pingüíns.
Xogan todos, incluso o tren, á roda.
Todos: (Cantan). Xogando á roda sentín, de
poder sempre dar, tin, tin, ar, ar, a emoción de xirar, voltas e voltas sen
fin, ar, ar, fin, fin. Remata o xogo. O tren treme de frío.
Tana: Faise tarde.
Xío: Debemos retornar. Aquí vai moita friaxe!
Os pingüíns: Grazas pola vosa compañía. Soben
ao tren. Despídense todos por sinais.
Canción do principio. Desaparecen os pingüíns.
O tren afástase a toda velocidade.
Cando comeza a lectura, por onde vai o tren?
E ata onde chegan na súa longa viaxe?
Emparella cada palabra cun antónimo do recadro:
A.- Acelerar, acercarse, tarde, arrincar,
durmir, inferno
B.- axiña,
paraíso, aminorar, deterse, afastarse, espertar
Que significa estar a piques de...?
a) Afundirse, ir a pique unha embarcación.
b) Estar a punto de ocorrer algo.
c) Provocar, meterse con alguén.
Relaciona os castelanismos coa forma galega
correcta:
Cruce plataforma
Bordillo aparcadoiro
Andén bordo
Calexón cruzamento
Arcén
canellón
Aparcamento beiravía
Ningún comentario:
Publicar un comentario