Relaciona as definicións coas palabras :
Batracio, andazo, preguiza, avaricia, pertenza,
sentenza.
a) Anfibio; en particular, a ra e o sapo. BATRACIO
b) Enfermidade que se propaga ou estende entre
moitas persoas. ANDAZO
c) Falta de vontade para realizar calquera
acción; vagancia. PREGUIZA
d) Ansia de acumular e atesourar diñeiro e
riquezas. AVARICIA
e) Cousa que alguén posúe. PERTENZA
f) Decisión final dun xuíz; tamén, a ensinanza
dunha fábula. SENTENZA
Ditado
A auga do manancial era un ben moi prezado para
os Wakati. Había a crenza de que era beneficiosa para a saúde, pois sandaba
moitas doenzas. Ademais, o seu frescor facíaa deliciosa e ao seu redor crecían
flores de recendente fragancia. Pero a ledicia marchara coa aparición da nube
de fume. Aquilo só podía anunciar algunha desgraza.
Relaciona cada oración co atributo que lle
corresponda:
A miña familia é ...MOI GRANDE de vacacións
O prado está ... VERDE moi modernas
Os científicos parecen ..CANSOS. verde
A pediatra está ... DE VACACIÓNS cansos
As bibliotecas de hoxe en día son...MOI
MODERNAS moi grande
Subliña o verbo nas seguintes oracións:
– A veterinaria está de vacacións. PN
– Paulo pensou
moito no tema. PV
– Estes ordenadores son moi modernos. PN
– A súa amiga ten unha casa xunto á praia. PV
– O profesor parece esgotado. PN
– Ela ten
12 anos. PV
Agora, escribe ao lado de cada oración PN
(predicado nominal) ou PV (predicado verbal), segundo corresponda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario