venres, 8 de maio de 2020

CORRECCIÓN 6º ED. PRIMARIA LINGUA GALEGA


En cada parella, indica que oración está en voz activa (A) e cal en voz pasiva (P):
– Os diplomas do concurso foron entregados pola directora.  PASIVA (P)
- A directora entregou os diplomas do concurso.  ACTIVA  (A)

 – Os profesores organizaron a excursión. ACTIVA  (A)
 -- A excursión foi organizada polos profesores. PASIVA  (P)

– Rosalía de Castro escribiu Cantares gallegos. ACTIVA   (A)
--Cantares gallegos foi escrito por Rosalía de Castro.  PASIVA  (P)




Observa o exemplo e transforma as seguintes oracións de voz activa a voz pasiva:
O arquitecto rematou o edificio en 1999. O edificio foi rematado polo arquitecto en 1999.
O dianteiro transformou o penalty.---- O penalty foi transformado polo dianteiro
– A profesora explicou os deberes. OS DEBERES FORON EXPLICADOS POLA PROFESORA
– Moitos médicos recomendan a natación.  A NATACIÓN É RECOMENDADA POR MOITOS MÉDICOS
– O xurado elixirá os gañadores. OS GAÑADORES SERÁN ELIXIDOS POLO XURADO
– O carteiro entregou a carta. A CARTA FOI ENTREGADA POLO CARTEIRO

Ningún comentario:

Publicar un comentario