SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2020
O vindeiro domingo é 17 de maio. Data festiva para as galegas e galegos na que festexamos o día das nosas Letras.
Sen embargo este curso vai ser diferente, pois a distancia é a premisa que nos mantén a salvo e temos que seguir contactando deste xeito. Non por iso deixaremos de falar, explicar, cantar e festexar o noso día e en especial o deste 2020. Por que? Porque o persoeiro homenaxeado, por fin, é o grande profesor e filólogo da nosa cidade, si!!, de Ferrol!!!
D. RICARDO CARVALHO CALERO
É por iso que no noso Cole xa comezamos con esta semana de Letras, de Carvalho, do rural, da cidade, de Ferrol. E desde as distintas Etapas e Cursos cada titor/a ou mestre de Lingua porá unha que outra actividade relacionada con isto.
De entre os diversos materiais que hai para saber algo sobre D. Ricardo selecionamos un Proxecto Educativo que pasou a todos os centros de Galicia a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra. Trátase dunha Unidade Didáctica relacionada co conto "As Pitas Baixo a Choiva" (conto feito a partir dun relato do escritor no que contaba como era a súa infancia). Desde o EDLG decidimos ademáis compartilo coas familias e porén con toda a comunidade educativa. Atoparedes tamén a música que serviu para a estrea da representación teatral o pasado 23 de febreiro por Teatros dos Ghazafelhos no Teatro Jofre.
O enderezo no que podedes aceder a todo iso é o seguinte: http://aspitas.gal/
Para rematar, dúas cousiñas:
1. Deixo unha captura da biografía do escritor, incluida na UD.
2. Sempre podedes participar por libre, e pensamos en recoller calquer imaxe dunha creación plástica feita por vós e que teña relación coas Letras ou con Carvalho. Logo, como de costume publicaríamola na nosa pestana web de Dinamización e no Facebook do Cole. Adiante creadorxs!!!
Recibimos (todos os debuxos e fotos de calquera creación plástica) en xillopezsanchez@gmail.com
PD. Con motivo das Letras Galegas, como cada ano escolleremos as gañadoras/es do Certame O Merlo Lector. Estade preparadxs para a sorpresa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario