luns, 11 de maio de 2020

EDUC. INFANTIL 4 ANOS LETRAS GALEGAS


HOLA AMORIÑOS!!


Comezamos unha nova semana, na que imos traballar algo diferente, xa que ao final desta semana, é domingo 17 de maio día das Letras Galegas.
Ese día celebrase o importante que é que haxa escritoras e escritores que escriban en galego, e que haxa libros e contos escritos nesta lingua tan fermosa que temos.

Cada ano adícaselle este día a un escritor ou escritora que escriban en galego, este ano fáiselle homenaxe a Ricardo Carvalho Calero, que naceu en Ferrol, e escribiu poesía, teatro e novela en galego.

Un dos contos que escribíu titúlase “As pitas baixo a choiva”, e é unha historia moi bonita, que dende infantil queremos que coñezades, así que as profes Elena, Inés e máis eu contámosvola a continuación.
Espero que vos guste!!!





A continuación déixovos unhas fichiñas relacionadas co conto:






Nesta última, coa axuda de mami ou papi podedes pensar en máis palabras en galego e escribir por detrás outra que tamén vos guste moito.
Algunha das palabras que máis me gustan a min son: colo e aloumiño

Vémonos de novo o mércores. Quérovos moitísimo!!
Un bico e un abrazo xigante!!

O meu correo:laurafm26@gmail.com





Ningún comentario:

Publicar un comentario