mércores, 13 de maio de 2020

EDUC. INFANTIL 4 ANOS


BOS DIAS PEQUES!!

Espero que vos gustara o conto “As pitas baixo a choiva”. Como vos contei o luns, este conto escribiuno un escritor chamado Ricardo Carvalho Calero, e se vos acordades era de Ferrol.

A súa casa está en Ferrol Vello, cerca do porto, está xa moi velliña pero nos podemos decorala como nos gustaría que fose.
No conto as pobres das pitas estaban no curro cando empezou a chover, e molláronse todas. Aquí vos deixo unha ficha na que tedes que completar a pita, e despois podedes debuxar a choiva caendo sobe ela. (para recortar, como son pezas pequenas, se queredes podedes pedir axuda)

Agora imos axudar a esta galiña a encontrar o seu pitiño, e que así se poña moi feliz.

Por último, déixovos esta canción inspirada no conto de "As Pitas baixo a choiva" e que é súper chula. Disfrutádea!!



Sede moi felices!!! Un bico xigante para todos e todas!!!

Aquí tedes o meu correo: laurafm26@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario