OLA CHIQUIS!!
Hoxe xa é venres 15, recordade que so faltan dous días para o Día das Letras Galegas que é o 17 de maio.
Imos comezar escoitando outra canción inspirada no conto de Ricardo Carvalho Calero, que tamén se chama As pitas baixo a choiva.
Imos comezar escoitando outra canción inspirada no conto de Ricardo Carvalho Calero, que tamén se chama As pitas baixo a choiva.
Mentres que escoitades a canción podedes colorear este debuxo das pitas con paraugas.
Como xa sabedes as pitas e os galos comen miñocas
e vermes, e a Ricardo encantáballe mirar como escaravellaban na terra na súa
procura.
Que vos parece se axudamos ás pitiñas a buscar as miñocas e para iso imos xuntalas en grupos de 4, para que lles sexa máis fácil comelas.
O noso compañeiro DANI mandounos unha foto do seu maio, que lle quedou precioso. Moitas gracias, moi bo traballo!!
Espero que disfrutedes da fin de semana, dos paseiños e de poder visitar a vosa familia e amigos.
Bótovos moitísimo de menos, mándovos un bico de trompeta.
Aquí tedes o meu correo, estarei encantada de saber cousiñas de vos: laurafm26@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario