luns, 18 de maio de 2020

EDUC. INFANTIL 4 ANOS


BOS DIAS AMORIÑOS!!

Estamos a luns 18 de maio, comezamos nova semana. Espero que onte celebrárades o día das Letras Galegas e disfrutárades do día.

Imos a seguir lembrando a letra P, aquí tedes unha ficha na que tedes que rodear os debuxos que empecen por ela, e nas lineas de abaixo tentar escribir como saibades os nomes de dous dos debuxos que máis vos gusten.



Para pasar un ratiño divertido podedes facer na casa un 3 en raia. É sinxelo de facer ademais de moi divertido e que nos fai pensar. Aquí tedes uns exemplos:



Teño moitas ganas de veros, seguro que estades moi maiores. Hoxe o bico que vos mando é de sabor a limón.

O meu correo: laurafm26@gmail.com


Ningún comentario:

Publicar un comentario