martes, 12 de maio de 2020

LINGUA 2º Semanadasletras1 12/05

SEMANA DAS LETRAS!! RICARDO CARVALHO CALERO


Ben, pois como xa sabedes o próximo Domingo será 17 de maio. E nesa data sempre conmemoramos o día das nosas Letras.

Ricardo Carvalho Calero era un escritor e profesor moi importante que viviu en Ferrol e por iso aínda é máis importante para nós.

O que imos facer hoxe é ir comezando a ler o conto do que falabamos "As pitas baixo a choiva".

Debedes ter en conta que hai palabras que probablemente non entendades mais non por iso debedes detervos, continuade e veredes como vos quedades coa idea do conto. Sobre esas palabras raras e difíciles falaremos e se queredes saber o que significan xa ollade que ao final do conto hai un miniglosario co significado das mesmas.


1. Lectura de "As pitas baixo a choiva" Aquí vos deixo o enlace onde a editorial nos permite ler o conto de balde.

https://issuu.com/bucle/docs/as_pitas

2. A continuación aprenderemos unha palabra que dixen algunha vez pero que se cadra non lembramos. A "ONOMATOPEA". 
Consiste en reproducir con letras un ruído ou o son que fai un animal "kikirikí" por exemplo sería unha delas. Nesta ficha debedes imaxinar e escribir onomatopeas (como é que soarían os eguintes animais). E para rematar unha adiviña.

Dúbidas e correccións en xillopezsanchez@gmail.com



Ningún comentario:

Publicar un comentario