mércores, 13 de maio de 2020

LINGUA 2º, semanadasletras2 13/05

SEGUIMOS NA SEMANA DAS LETRAS!! 

RICARDO CARVALHO CALERO



Como vos foi co libro das pitas? Algún que outro palabro difícil, non? Pero enténdese o conto, va que si? Deixo de novo o enlace para os que aínda non rematastes de lelo. Falaremos do conto esta semana.

E unha nova ficha de actividades. Neste caso, e sen perder a relación co libro das pitas imos traballar algo que xa sabedes "OS SINÓNIMOS". Lembradesvos?

Un sinónimo era unha palabra que sifnificaba o mesmo.
Por exemplo: guapo, bonito, fermoso, ...

Adiante pois!! Debedes atopar os sinónimos nas sopas de letras. E poden estar escritos do dereito, do revés e incluso en diagonoal. Non é fácil (empregade a técnica de buscar a primeira letra).

1. Lectura de "As pitas baixo a choiva" 
https://issuu.com/bucle/docs/as_pitas

2. Palabras para buscar:

Sinónimos de TREBÓN: Chuvascada, treboada, torboada, trobón e arroiada.
Sinónimos de SARABIA: Grainzo, saragana, escarabana, pedrazo e salpedrés.
Sinónimos de ORBALLO: Froallo, chuvisca, morriñada, barrallo e zarzallo.


Dúbidas e correccións en xillopezsanchez@gmail.com



Ningún comentario:

Publicar un comentario