XOVES 14 de MAIO
SEGUIMOS NA SEMANA DAS LETRAS!!
RICARDO CARVALHO CALERO
Deixo de novo o enlace para ler o conto por se algún non rematou.
1. Lectura de "As pitas baixo a choiva"
https://issuu.com/bucle/docs/as_pitas
2. E hoxe imos repasar os nomes ou substantivos COLECTIVOS e INDIVIDUAIS.
Se lembrades, na clase:
- individual cando era unha soa cousa. Por exemplo (paxaro, ovella, ...)
- colectivo cando era un conxunto de cousas. Por exemplo (bandada, rabaño, ...)
Na sopa de letras hai 5 nomes ou substantivos COLECTIVOS:
bandada, manda, cardume, enxame e rabaño.
As definicións destes nomes colectivos soen ser moi parecidas, todos eles teñen que ver con conxuntos de animais:
Dúbidas e correccións en xillopezsanchez@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario