VENRES 15 de maio.
Apenas quedan dous días para o día das Letras Galegas. E en Sociais non nos esquecemos tampouco. Na Unidade Didáctica das Pitas Baixo a Choiva podemos traballar os contidos referentes a esta materia. E por outra banda, apenas queda un mes para SOLSTICIO DE VERÁN.Lembrades cando con dous compañeiros da aula fixemos xirar a un sobre o outro, a modo de Terra e Sol? Entendíamos así as Estacións.
Pouco despois, ao relacionalas cos meses sabíamos que cada unha das catros estacións duraba 3 meses e que comezaban e remataban a día 21 (aproximadamente). É por iso que o verán do que fala Carvalho Calero comeza o 21 de xuño e remata o 21 de setembro. Intentade completar vós as outras datas, e lembrade, 3 meses cada unha.
Observade e pensade tamén como son os días e as noites no inverno e no verán. Onde son máis longas e curtas.
Dúbidas e correccións en xillopezsanchez@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario