luns, 15 de xuño de 2020

5º ED. PRIMARIA LINGUA GALEGA


Escribe a persoa, o número e o tempo das formas verbais:
É
Chama
Sabe
Importa
Chamaban
Sabía
Preguntei

Completa con h as palabras que o precisen:
....ola!                                ....inchar                              ....ipermercado
....eroe                              ....armonía                           ....ovo
ve....ículo                          ....óso                                   pro....ibir

Fai corresponder cada definición coa palabra que cumpra:
Dependente, mercadoría, escaparate, efectivo, ferraxería.
1. Tenda onde se venden cravos, ferramentas, cola, etc.
2. Calquera cousa que se merca ou se vende.
3. Empregado que atende os clientes nunha tenda.
4. Diñeiro en moeda.
5. Espazo cerrado onde se expoñen as mercancías dunha tenda

Subliña os verbos que atopes e resolve: A mediados do século IX Galicia sufriu varios ataques viquingos. Estes avezados navegantes metían os barcos polas rías e saqueaban as vilas da ribeira. Nunha ocasión entraron na ría de Arousa e subiron polo río Ulla cara a Compostela. Daquela, os nobres e bispos galegos plantaron lume nos barcos e fuxiron. Pero os viquingos eran teimosos e volveron anos máis tarde.
Pepe Carreiro: Historia de Galicia, A Nosa Terra (adaptación).
• Todas as formas verbais están no mesmo tempo e na mesma persoa? Cales?
• Só hai unha que está en número singular. Cópiaa.
• Copia un verbo da 1.ª conxugación, outro da 2.ª e outro da 3.ª.

Ningún comentario:

Publicar un comentario