mércores, 17 de xuño de 2020

BO DÍA!!
Chegamos ao último día de curso, deste curso tan raro... e tamén chegamos ao fin do ciclo de Educación Infantil.
Estas palabras son para vós, as familias. Moitisimas grazas pola vosa colaboración, pola vosa comprensión, pola vosa participación e pola tan boa comunicación que tivemos entre todos!! Hai familias coas que da gusto traballar e sen ningunha dúbida vos sodes desa clase de persoas coas que da gusto falar e traballar!! Grazas por confiar en min!!
Esta é a última publicación do blog,na entrada de 5 anos, xa que o venres tanto pola maña como pola tarde haberá sorpresas para todo o alumnado.
Para falar cos nenos e nenas preferín falar en persoa e facer un video, aquí volo deixo. E para que teñades un recordo destes anos  fixenvos un pequeno video de fotos cheo de recordos e emocións!!
Para todo o que necesitedes no cole me atoparedes!! Moitos bicos e
BO  VERÁN!! 




Ningún comentario:

Publicar un comentario