xoves, 19 de marzo de 2020

5º ED. PRIMARIA LINGUA GALEGA

IMOS ALÓ RAPACES.
ACTIVIDADES PARA FACER O VENRES 20 MARZO
Facede as actividades con boa presentación e caligrafía.
O luns ides ter noticias miñas outra vez.
Non me mandedes as actividades ata que eu vos informe.





ESTAS ACTIVIDADES SON PARA FACER O VENRES 20


Os zoqueiros

O oficio de zoqueiro galego, de notable importancia ata mediados da pasada centuria, está en vías de desaparición ao ter sido substituídas as tradicionais zocas por calzado de sola de coiro ou de goma. Porén, polas catro provincias galegas —sobre todo en Lugo e Ourense— aínda resisten algúns artesáns que, con moito humor, paciencia e dedicación, continúan facendo os derradeiros pares deste calzado de madeira. Visitamos a Leonardo Villamel, un zoqueiro de 81 anos da Pastoriza, que aínda fabrica á man as que di xa son os últimos pares de zocas. Pero o xerme consérvase. En Mondoñedo, un mozo de 28 anos, Alberto Geada, tomou o relevo do seu pai e mantén vivo o oficio de zoqueiro. —Ímoslle dando un pouco de forma á peza de madeira. A continuación, usamos as aixolas, que están deseñadas para ir sacándolle toda a madeira á peza, para labrala e xa ir aproximando o número. Despois, suxeitamos a zoca cunhas cuñas e cos trades imos furando a peza por dentro. Logo, seguimos con outra ferramenta que fai a función de lixa. Cando acabamos a zoca, xa a podemos entregar e cobrar. Eu son un dos últimos que queda neste oficio de zoqueiro dándolle un valor. Porque ata agora estaba superoculto e a isto hai que lle dar moita publicidade. Por iso, estou achegando o calzado de madeira ás pasarelas de moda, para que non desapareza.

Tomado e adaptado de La Voz de Galicia (edición dixital), 21-1-2009

1.- Por que está en vías de desaparición o oficio de zoqueiro?
2.- En que provincias resisten aínda algúns zoqueiros?
3.- Que é una centuria?
4.- Que son as zocas?
5.- Como lles deu publicidade Alberto Geada ás súas zocas
6.- En que provincia se atopan A Pastoriza e Mondoñedo?
7.- As aixolas, que función teñen?



Elixe na lista a palabra que corresponde a cada definición:
Cconfeiteiro, -a; oleiro, -a; arquitecto, -a; cirurxián, -á; cerralleiro, -a; varredor, -dora. :

Persoa que opera os enfermos no quirófano.
Persoa que varre as rúas.
Persoa que deseña os planos dun edificio.
Persoa que fai ou vende doces.
Persoa que fabrica olas e outros obxectos de barro.
Persoa que vende, repara ou coloca pechaduras.


Forma palabras unindo as seguintes co sufixo que corresponda:
 masaxe                carta             decorar                 cantar              correr   periódico               axudar          gando

 Sufixos          -ista       -eiro/-eira       -ante               -dor/-dora


Rodea con distintas cores os pronomes persoais tónicos e átonos:
PODES REPASALOS NOS APUNTES DA LIBRETA
Meu irmán pequeno leva uns días que non me deixa durmir. El di que ten pesadelos, e que non quere que eu lle apague a luz. «Déixaa acesa —dime—; así, non virán os monstros». Eu dígolle que estea tranquilo, porque lles vou dar un susto enorme a eses monstros cando o molesten e van marchar para sempre.

Ningún comentario:

Publicar un comentario