luns, 20 de abril de 2020

5º ED. PRIMARIA LINGUA GALEGA


As palabras con x
Lembra O x ten dous sons en galego:
Pode pronunciarse «ks» (como en extensións) ou «sh» (como en paisaxe).

Le as seguintes palabras e clasifícaas segundo a pronuncia do x:
Conexión,  graxa,  flexo,  reloxo,  auxilio,  tóxico,  teixo,  sexto,  xesto, osíxeno, queixo,  xoia,  taxista,  relax,  exame
Soa como en «extensións»
Soa como en «paisaxe»


Completa as oracións con palabras do exercicio anterior:
– Os montañeiros perdidos no monte pediron ... a Protección Civil.
– Mañá temos ... de Matemáticas.
– Hai un problema de ... e non podo usar a Rede.
– As follas do ... son velenosas.
– O pastor púxolle un ... no pescozo a cada ovella.
– Na serra respírase ... puro, non o gas ... da cidade.
– A luz do ... faime dano na vista.


Completa con ex- ou con es-.
Usa o dicionario se o precisas:
...traño,   ...plorador,   ...pía,    ...posición,     ...plosión ,    ...Cuma,   ...perto ...tranxeiro,  ...terior,   ...cusa,   ...plicar,    ...tender


Relaciona cada palabra co seu significado.
experto – Que non está durmido
esperto .-  Que sabe moito de algo
misto .- Fósforo.
Mixto.- Mesturado.
Texto.-  Recipiente para criar plantas
Testo.- Escrito
Sesta.- Que ocupa o número seis nunha serie
Sexta.- Descanso despois de xantar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario