As
siglas e as abreviaturas
• As siglas son palabras formadas polas
primeiras letras doutras palabras. Escríbense con maiúscula e pódense ler: –
silabeando: ESO (e-so), ANPA (an-pa); – letra a letra: DNI (de-ene-i), ITV
(i-te-uve).
• A
abreviatura consiste en escribir só a primeira letra, e ás veces algunhas
das que seguen, dunha palabra. Escríbese case sempre seguida dun punto: Dra.
(doutora), avda. (avenida)...
• Algunhas abreviaturas non levan punto. Son os
símbolos internacionais, que indican: unidades de medida (tempo, lonxitude...),
os puntos cardinais, as moedas, etc.
NON
FAI FALTA QUE O COPIEDES. FIXÁDEVOS
Indica que siglas corresponden aos seguintes
enunciados:
Centro Dramático Galego
Unión Europea
Global Position System
Instituto de Ensino Secundario
Short Message Service
Formación Profesional
Real Academia Galega
Televisión Dixital Terrestre
Diario Oficial de Galicia
Dirección Xeral de Tráfico
Fíxate no exemplo e completa:
cm ➝ centímetro
N ➝ Norte
… ➝ don
… ➝ adverbio
… ➝ euro
páx. ➝ …
… ➝ litro
Sra. ➝ …
… ➝ quilogramo
S ➝ …
prep. ➝ …
tel. ➝ …
… ➝ vostede
… ➝ esquerda
min ➝ …
dólar ➝ …
Ningún comentario:
Publicar un comentario