luns, 18 de maio de 2020

5º ED. PRIMARIA LINGUA GALEGA


Relaciona as seguintes palabras coa definición que corresponda en cada caso: orfo, exhibir, anhelo, úmero,  arpa, hucha
a) …: Óso do brazo que vai desde o ombreiro ao cóbado.
b) …: Instrumento musical de forma triangular, con cordas colocadas de modo vertical, que se tocan cos dedos das dúas mans.
c) …: Que perdeu a seus pais ou a un deles.
d) …: Mostrar ao público.
e) …: Caixa grande de madeira e con tampa para gardar a roupa, o gran, o pan, etc.
f) …: Desexo moi forte.

Ditado
Conta a lenda que, hai moitos anos, os habitantes da actual Coruña sufrían o trato inhumano do xigante Xerión. Daquela, pedíronlle axuda a Hércules, o heroe grego. Este loitou contra o xigante, feriuno nun ombro e derrotouno. A torre de Hércules ergueuse como homenaxe ao heroe, e hoxe é patrimonio da humanidade.

• No ditado hai dúas palabras da mesma familia. Cales son?


Substitúe as palabras subliñadas por un adverbio:
– Síntome a gusto neste lugar.
– Fixen a maleta con moita rapidez.
– Se saímos ao exterior imos ter frío.
– Non fun ningunha vez ao palacio á ópera.
– Se te levantas tan de mañanciña todos os días terás tempo para todo.

• Clasifica os adverbios anteriores segundo a circunstancia que indiquen:
Modo ...
Lugar ...
Tempo ...

Ningún comentario:

Publicar un comentario