A colocación do pronome persoal átono
1. Polo xeral, o pronome átono vai despois do
verbo e unido a el: Gustouche a nube de fume?
2. Vai antes do verbo:
• Nas oracións negativas: Nunca o elixiron bruxo do ano.
• Nas oracións introducidas por
que, quen, cando, canto, como, onde, porque: Canto che debo?
• Despois dalgúns adverbios: Ti tamén me viches na tele?
Coloca no lugar que corresponda o pronome entre
parénteses:
– Quen ... mandaría ... meterme en asuntos de
magos! (me)
– Sabe o tempo que ... levaba ... a meu pai
facer un esconxuro? (lle)
– Non ... van ... levar de visita ao Museo da
Maxia. (nos)
– ... falarei ... aos lectores do meu lado máis
íntimo. (lles)
– Cando ... chamaron ... os bruxos do consello?
(vos) – ... decide ... pronto! (o)
Subliña os pronomes átonos que hai nas
seguintes oracións:
– Vouche contar un segredo da miña profesión.
– Quen vos levou ao obradoiro de apócemas?
– A Ana vanlle traer un ordenador portátil.
– Mefisto mostrounos a súa oficina.
– Hadrián aprendeume un truco de maxia.
– Non te vin na tele.
Ditado
Na escola ocorrera unha terrible desgraza.
Algunha das cociñeiras mesturara unha apócema máxica cos macarróns, e todo
aquel que inhalaba o vapor da pasta ao cocer volvíase un ser inhumano. Unha
nena transformouse nunha teteira eléctrica; outra, nunha torradora. Había que
solucionar o problema dalgunha maneira!
Escribe e analiza as contraccións do texto.
EXEMPLO: daquela.- de + aquela
Forma palabras compostas elixindo o elemento
que lles falta:
garda...
pasa, alto, meta, flor, ambiental, tres
...centos
medio...
...tempos
col...
...falante
Ningún comentario:
Publicar un comentario