mércores, 6 de maio de 2020

6º ED. PRIMARIA LINGUA GALEGA


VOZ ACTIVA Y VOZ PASIVA
Xa o vimos en Lengua Castellana. En Galego, repasámolo

Manuel fotografou as pardelas.    ACTIVA
As pardelas foron fotografadas por Manuel.  PASIVA  verbo ser auxiliar +participio

O significado das dúas oracións é o mesmo.
Na primeira o verbo está en voz activa, e na segunda, en voz pasiva.
Usamos unha voz ou outra dependendo do que queiramos destacar.
No primeiro enunciado Manuel é o suxeito: é activo, realiza unha acción.
No segundo enunciado o suxeito é As pardelas, pero estas non realizan ningunha actividade, sofren a acción; son, polo tanto, pasivas.
• Na voz activa o principal é quen realiza a actividade (suxeito axente)
• Na voz pasiva o importante é destacar quen recibe a acción realizada (suxeito paciente).
NON O COPIEDES


En cada parella, indica que oración está en voz activa (A) e cal en voz pasiva (P):
– Os diplomas do concurso foron entregados pola directora.
- A directora entregou os diplomas do concurso.

 – Os profesores organizaron a excursión.
 -- A excursión foi organizada polos profesores.

– Rosalía de Castro escribiu Cantares gallegos.
--Cantares gallegos foi escrito por Rosalía de Castro.




Observa o exemplo e transforma as seguintes oracións de voz activa a voz pasiva:
O arquitecto rematou o edificio en 1999. O edificio foi rematado polo arquitecto en 1999.
O dianteiro transformou o penalty.---- O penalty foi transformado polo dianteiro
– A profesora explicou os deberes.
– Moitos médicos recomendan a natación.
– O xurado elixirá os gañadores.
– O carteiro entregou a carta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario