Relaciona as seguintes palabras coa definición
que corresponda en cada caso: orfo, exhibir, anhelo, úmero, arpa, hucha
a) ÚMERO…: Óso do brazo que vai desde o
ombreiro ao cóbado.
b) ARPA…:
Instrumento musical de forma triangular, con cordas colocadas de modo vertical,
que se tocan cos dedos das dúas mans.
c) ORFO…: Que perdeu a seus pais ou a un deles.
d) EXHIBIR…: Mostrar ao público.
e) HUCHA…: Caixa grande de madeira e con tampa
para gardar a roupa, o gran, o pan, etc.
f) ANHELO…: Desexo moi forte.
Ditado
Conta a lenda que, hai moitos anos, os
habitantes da actual Coruña sufrían o trato inhumano do xigante Xerión.
Daquela, pedíronlle axuda a Hércules, o heroe grego. Este loitou contra o
xigante, feriuno nun ombro e derrotouno. A torre de Hércules ergueuse como
homenaxe ao heroe, e hoxe é patrimonio da humanidade.
• No ditado hai dúas palabras da mesma familia.
Cales son?
INHUMANO, HUMANIDADE
Substitúe as palabras subliñadas por un
adverbio:
– Síntome a gusto neste lugar. BEN
– Fixen a maleta con moita rapidez. RAPIDAMENTE
– Se saímos ao exterior imos ter frío. FÓRA
– Non fun ningunha vez ao palacio á
ópera. NUNCA
– Se te levantas tan de mañanciña todos
os días terás tempo para todo. CEDO
• Clasifica os adverbios anteriores segundo a
circunstancia que indiquen:
Modo ➜ ... BEN, RAPIDAMENTE
Lugar ➜ ...FÓRA
Tempo ➜ ...NUNCA, CEDO
Ningún comentario:
Publicar un comentario