mércores, 6 de maio de 2020

CORRECCIÓN 5º ED. PRIMARIA LINGUA GALEGA


Subliña as preposicións:
– Manuel saíu de excursión sen a súa mochila.
– Temos vacacións desde xuño ata setembro.
– Esvarei por un camiño de terra e batín contra unha pedra.
 – Montamos a tenda de campaña entre as árbores.

Le e subliña as conxuncións:
Os alumnos de 6.º irán de acampada a final de curso, e tamén podemos apuntarnos os de 5.º, perose quedan prazas

Completa coas seguintes palabras:
Pallaso, agulla, antollo, piollo, baralla, allo.
1. Conxunto de naipes.    BARALLA
2. Barra moi fina de metal para coser. AGULLA
3. Insecto moi pequeno que vive no pelo das persoas e dos animais. PIOLLO
4. Bulbo dunha planta dividido en dentes que serve para condimentar. ALLO
5. Desexo repentino dunha cousa.  ANTOLLO
6. Personaxe cómico do circo. PALLASO


COPIA O DITADO A BOLÍGRAFO NEGRO

Para Nicolasiño, o campamento foi a mellor recompensa ao traballo do curso. Fixo amigos de lei, para toda a vida. Xa quedou con eles para ir coller mexillóns á praia. Ademais, farán unha excursión en iate á illa de Ons. Vai ser un verán marabilloso.


Escribe e estuda o pretérito imperfecto do verbo camiñar.
EU CAMIÑABA                            NÓS CAMIÑABAMOS
TI CAMIÑABAS                            VÓS CAMIÑABADES
EL CAMIÑABA                             ELES CAMIÑABAN

Ningún comentario:

Publicar un comentario