Copia o texto a negro e localiza as
preposicións, contraccións e conxuncións que atopes.
Menchu levaba unha bolsa pequena, algúns cartos
e mais unha lanterna. Dirixímonos cara aos arrabaldes da cidade como para irmos
de excursión. Botou o camiño cantando, facendo bromas, contando chistes e
brincadeiras. Seguiamos o camiño sen mirar nunca para atrás, sen pensar en
ninguén. Ao lonxe brillaban algunhas luces. Era unha vila. Conforme nos iamos
aproximando, chegaba aos nosos oídos un balbordo de petardos, unha algarabía de
voces, de risos e de música...
PREPOSICIÓNS.-CARA A, PARA, DE, SEN, EN,
CONXUNCIÓNS.-E,
CONTRACCIÓNS.- AOS, DA, AO,
LEMBRA QUE UNHA CONTRACCIÓN TEN UNHA
PREPOSICIÓN E UN DETERMNANTE.
Completa coas seguintes palabras:
Decepción, óptica, capturar, opción, eucalipto,
adoptar
1 Establecemento onde se venden lentes e che
gradúan a vista. ÓPTICA
2 Árbore orixinaria de Australia. EUCALIPTO
3 Tomar legalmente como fillo.ADOPTAR
4 Cando algo non é tal e como un esperaba. DECEPCIÓN
5 Apresar un ladrón ou delincuente. CAPTURAR
6 Posibilidade. OPCIÓN
Asocia cada palabra co seu significado:
Submarino, subtítulo, subdirector
Tradución dos diálogos dunha película. SUBTÍTULO
Navío que vai por debaixo do mar. SUBMARINO
Cargo inmediatamente inferior ao de director.
SUBDIRECTOR
Copia o seguinte texto con bolígrafo negro.
Ollo ás faltas de ortografía.
Serafina non se adaptaba ben á tía Perfecta e
soñaba que a adoptaba outra familia, unha que si apreciase as súas aptitudes.
Soñando estaba cando unha figura de Picasso, obsequio do alcalde de Barcelona,
e que era absolutamente insubstituíble, caeu ao chan partíndose en mil anacos..
Como sei que non te lembras, poderías escribir
o pretérito imperfecto do subxuntivo do verbo remexer?
EU REMEXESE NÓS REMEXÉSEMOS
TI REMEXESES VÓS REMEXESEDES
EL REMEXESE ELES REMEXESEN
Ningún comentario:
Publicar un comentario